Muimenta e O Ribeiro

 

 Vista dende a cruz do Coto

   Muimenta pertence ao municipio ourensán de Carballeda de Avia. Esta pequena parroquia alberga lugares de alto valor natural e cultural, destacando entre eles fermosos montes con especies de árbores autóctonas, regatos e elementos de patrimonio etnolóxico como son os conxuntos de muíños e de canastros.

 

Facer click aquí para ver mapa

Facer click para ver o mapa

Coordenadas (en graos, minutos e segundos):

Latitude: 42, 20, 0.

Lonxitude: -8, 11, 0.

     

   A súa paisaxe é predominantemente montañosa e nela se atopa o pequeno núcleo poboacional, onde se concentran a gran maioría de vivendas, a igrexa, numerosos canastros e algúns cruceiros. A principal festa é a do Bon Xesús, o día 6 de agosto, que conta con tres días de festexos (a véspera, o propio día 6 e o 7).

 

Eira dos canastros

 

Esta poboación localízase no celme do Ribeiro, unha comarca de grande historia e onde o viño ten unha grande importancia. Así, Muimenta atópase próxima a lugares que deixaron a súa impronta na historia, como son Ribadavia (co seu barrio xudeu e as súas numerosas igrexas) ou os mosteiros de San Clodio e Oseira, entre outros enclaves de interese.

Nos arredores de Muimenta tamén hai importantes lugares de beleza natural, entre os que destaca a singular Pena Corneira, formación que modela de xeito espectacular o horizonte. Xunto ós bosques de especies autóctonas, elementos predominantes da  paisaxe das terras do Ribeiro son os viñedos, sendo a súa D.O. recoñecida alén das nosas fronteiras.

 

Deixar un comentario