Canto sabes sobre árbores?

captura arbolapp mimosa

Captura de pantalla dunha consulta na app. Arbolapp (CSIC/FECYT)

Cal é a árbore de folla caduca, simple, lanceolada e serrada que florece en verán, abunda no norte e noroeste da Península Ibérica, posúe unha valiosa madeira e ten un froito comestible?  Se non sabes de cal se trata, con esta pista seguro que non che quedan dúbidas: as castañolas reciben  ese nome pola madeira coa que se elaboran.

Como era a primeira vez que propuñamos unha adiviña, desta puxémolo fácil… Pero, se tiveses dúbidas sobre a árbore da que se trataba, a onde recorrerías dun xeito rápido e sinxelo para resolvelas? Coñecer ben as especies do noso entorno pode converterse nunha complexa tarefa se non somos expertos no tema. Pensando niso, hoxe falámosvos da arbolapp, unha iniciativa do Real Jardín Botánico do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) que nos facilita as cousas, e moito.

Con esta aplicación para teléfono móbil gratuíta podemos resolver tódalas nosas dúbidas, pois inclúe actualmente datos sobre 118 especies arbóreas da Península Ibérica e as Illas Baleares, así como imaxes e fotografías dos exemplares, as súas follas e froitos. Mal será que non atopemos o que buscamos! De feito, compuxemos a nosa particular adiviña coa información obtida nunha das nosas buscas de proba.

Captura de pantalla del menú principal de arbolapp

Captura de pantalla do menú principal. Arbolapp (CSIC/FECYT)

Queres saber como funciona? Nós probamos a descargala e xa fedellamos algo nela, tralo que nos decatamos de que é moi sinxela de usar, pois xa na súa pantalla principal ofrece dúas posibilidades de busca, unha guiada e outra aberta.

Na guiada vai preguntando datos sobre unha serie de características moi concretas e, segundo as opcións que vaiamos seleccionando, vai descartando posibilidades ata mostrarnos finalmente a solución que máis concorda coas alternativas que eliximos. Pola súa banda, a busca aberta filtra segundo un listado de criterios que nos debemos elixir: a distribución xeográfica, a forma das follas, os seus froitos, as flores, as espiñas, a forma da cortiza e incluso o seu olor.

Contidos

Unha vez atopamos a árbore que buscamos, poderemos ler unha detallada descrición, coñecer os diferentes nomes que se lle dan, en qué lugares se atopa e outros datos de interese, como os usos da súa madeira, fotografías e outro tipo de imaxes. Do mesmo xeito, inclúe curiosidades: refráns, costumes e outros contidos que, aínda non sendo estritamente de botánica, nos lembran a vinculación entre cultura e natureza.

Ademais de este tipo de consultas, se o que nos pasa é que xa sabemos o nome dunha árbore pero queremos é ampliar o noso coñecemento sobre ela, podemos empregar directamente o listado de especies (compiladas segundo nome científico, nome común e familia á que pertencen). Así mesmo, tódolos resultados que nos interesen podemos gardalos no apartado de favoritos, para consultalos de novo e evitarnos repetir os pasos que demos a primeira vez.

captura del menú de arbolapp

Captura de pantalla coas diversas opcións que ofrece. Arbolapp (CSIC/FECYT)

A toda esta información podemos chegar dende a propia pantalla inicial, pero, ademais, se prememos na icona da parte superior esquerda (con forma de tres liñas horizontais) teremos algunhas prestacións adicionais: a elección do idioma (español ou inglés), información sobre os bosques, un glosario de termos e un apartado de preguntas frecuentes, entre outras.

A nós pareceunos unha ferramenta moi completa, práctica e sinxela que, ademais, non precisa de conexión a internet no intre de ser consultada, o que nos permite usala en saídas a montes onde se perda a cobertura. Se cres que che pode resultar de utilidade, está dispoñible tanto para sistema operativo Android como para iOS (iphone).

Para saber máis sobre a aplicación da que te falamos neste artigo podes consultar a súa web, na ligazón www.arbolapp.es

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s