A mellor visita é a que pasa desapercibida

árbore

No caso das saídas ao monte é ben certo que a mellor visita é a que pasa desapercibida. O noso paso pola natureza sempre deixa unha pegada, pero é imprescindible que o rastro que deixemos sexa o menor posible, co fin de non estragar os recursos.

As andainas, excursións e momentos de lecer na natureza non son un conxunto de restricións nin nada polo estilo. Sinxelamente temos que ser conscientes de onde estamos (sobre todo se imos en grupo), pero tamén de todas as posibilidades que se nos abren: vistas, olores, texturas e sensacións na pel que moitas veces non podemos gozar no día a día polas présas e os nosos estilos de vida. Pero, para que todo iso siga aí para cando queiramos volver para cargar de novo as nosas pilas, temos que coidalo.

Se es un excursionista responsable, seguro que cumpres estas recomendacións:

-Antes de saír comprobas que levas unha bolsa para botar todos os refugallos que podas ir acumulando ao longo da visita, para así botala despois no seu correspondente contedor. Non te valen as escusas de que determinados materiais (coma os orgánicos) son biodegradables: se cada persoa que pasa guinda algo polo chan, o lixo acabará acumulándose antes de desfacerse, co conseguinte impacto visual.

-Tes especial coidado e evitas as cabichas dos cigarros. Son un perigo porque poden causar incendios forestais pero é que, ademais, teñen compostos prexudiciais para o medio ambiente.

-Deixas todo como o atopas: non danas plantas, animais ou cursos de auga como ríos, regatos ou regos. Cando pasas por algunha finca privada, evitas coller froitos sen autorización do dono.

-E por suposto, se es testemuña dalgunha mala práctica, avisas ás autoridades correspondentes.

senda

O monte soamente nos pide un pouco de agarimo, pero a cambio nos agasalla co arrecendo das flores, os cantos dos paxaros, grilos e ras e co alivio que da a sombra dos piñeiros. Verdade que paga a pena un pequeno esforzo, tendo en conta todo o que gañamos?

Se queres coñecer máis sobre como actuar de forma responsable nas túas saídas, podes consultar estes enlaces:

Consellos para o viaxeiro ecolóxico.

Guía de Recomendacións para o Uso e Desfrute de Usuarios dos Bosques como sumideiro de carbono e fixadores de CO2.

Advertisements

2 comentarios en “A mellor visita é a que pasa desapercibida

  1. Pingback: Exigimos un turismo sostenible pero… ¿Somos turistas responsables? | La brújula mareada

  2. Pingback: Celebramos o día da Rede Natura? | Montes de Muimenta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s