As Sociedades de Fomento Forestal (SOFOR)

rama

As Sociedades de Fomento Forestal (SOFOR) son agrupacións de propietarios de montes que teñen como obxectivo último unha xestión forestal sustentable. Pero, como o fan?

De todos é coñecida a grande fragmentación da propiedade en Galicia, dando lugar a uns montes divididos en parcelas tan pequenas que, moitas veces, fan que a xestión técnica, sustentable e rendible de cada unha delas por separado sexa inviable. Esta é unha das causas que está levando ao abandono do monte, nun contexto de despoboamento do rural e perda dos usos tradicionais da terra.

Nesta situación, as SOFOR buscan facilitar a agrupación de terras. Os propietarios ceden á sociedade os dereitos de uso para que todas elas se poidan xestionar de forma conxunta.

Deste xeito se logra unha mellor xestión que repercutirá en posibilidades económicas, pero tamén logrará evitar o abandono do monte. Ademais, mediante a posta en uso do monte descende o risco de incendios forestais e se poden xerar recursos, o que repercute na creación de postos de traballo.

Así, á hora de definir as SOFOR, podemos dicir que son sociedades limitadas para e desenvolvemento e aproveitamento dos montes particulares, nas que os propietarios fan unha cesión dos dereitos do terreo por alomenos 25 anos. Estas SOFOR contan ademais co apoio da Xunta.

Cómo funcionan?

-Cada propietario intervén como socio, en función da cantidade e calidade dos montes que aporte.

-Cada propietario recibirá un contrato escrito, cos datos da súa participación.

-As SOFOR son sociedades limitadas, e funcionan como calquera empresa “normal”, pero nelas os propietarios dos montes son os donos da empresa (socios).

-As SOFOR son dirixidas por un ou varios administradores, nomeados polos socios.

-As SOFOR teñen que levar unha contabilidade, pagar impostos  e cumprir cos requisitos legais de calquera empresa.

-O final de cada ano, os administradores teñen a obriga de presentar as contas que deberan ser aprobadas polos socios.

monte de piñeiro

Que vantaxes ten a creación dunha SOFOR?

-Os montes e os seus accesos mantéñense limpos, o que fai diminuír o risco de incendios forestais.

-Lógrase unha xestión eficiente dos montes.

-Os montes están perfectamente delimitados e identificados.

-Optar a importantes axudas e subvencións.

-Obter  beneficios anuais que se poden repartir entre os socios.

-Non se perde a propiedade do monte.

-Posibilidade de creación de postos de traballo.

Requisitos para formar unha SOFOR

-Para formar unha SOFOR hai que ter un mínimo de superficie. No caso de plantacións de piñeiros, o mínimo sería de 50 ha. de monte. No caso das árbores de froito serían 15 hectáreas e no caso das frondosas caducifolias ou masas preexistentes de frondosas autóctonas 25 ha.

-Os propietarios  teñen que ceder os dereitos de uso e aproveitamento dos seus montes á SOFOR durante un mínimo de 25 anos. Esta cesión non supón que se perda a propiedade.

-A sociedade debe estar inscrita no Rexistro de Sociedades SOFOR da Xunta, ter sede en Galicia e crear os seus estatutos.

Para máis información podes consultar:

-A páxina da Xunta con toda a información sobre as SOFOR:  http://mediorural.xunta.es/es/areas/forestal/ordenacion/sofor/

-O decreto polo que se rixen as SOFOR, o 45/2011 do 10 de marzo: http://www.medioruralemar.xunta.es/fileadmin/arquivos/forestal/sofor/Decreto_45_2011_SOFOR_C.pdf

2 comentarios en “As Sociedades de Fomento Forestal (SOFOR)

  1. Pingback: Convocatoria de asemblea da Comunidade de Montes de Muimenta (05-062016) | Montes de Muimenta

  2. Pingback: Convocatoria de asemblea da Comunidade de Montes de Muimenta (05-06-2016) | Montes de Muimenta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s