Co gallo da publicación de contidos sobre boas prácticas forestais ao longo destas últimas semanas, non podiamos deixar de falar dos incendios, moitas veces causados por neglixencias, descoidos ou prácticas pouco recomendables. Os montes de Muimenta, incluídos nas Zonas de Alto Risco de Incendios (ZAR), pertencen ao Distrito IX-Ribeiro-Arenteiro, o cal posúe un Plan de … Continúe lendo Boas prácticas no monte (IV). Prevención de incendios forestais
Boas prácticas no monte (III). Repoboacións e pistas forestais
O desenvolvemento de traballos de repoboación de árbores e a execución de pistas forestais son labores frecuentes nos montes de man común, pero que sexan traballos máis ou menos habituais non quere dicir que se podan facer de calquera xeito ou que sempre se fagan ben. Para saír de dúbidas e ter claro o que se … Continúe lendo Boas prácticas no monte (III). Repoboacións e pistas forestais
Entra o verán, chegan as festas!
Esta fin de semana dirémoslle adeus a esta calorosa primavera para que deixe paso ao verán. Concretamente ás 18.38 horas do domingo 21 de xuño saudaremos á nova estación, segundo informa o Observatorio Astronómico Nacional, que tamén nos dá a grata nova de que o estío permanecerá connosco 93 días e algunha horiña máis, ata o 23 de … Continúe lendo Entra o verán, chegan as festas!
Boas prácticas no monte (II). Zonas de protección e elementos singulares
Neste segundo texto sobre boas prácticas forestais, centrarémonos naquelas que teñen que ver coas zonas de protección e con especies de flora e fauna que estean catalogadas e, por tanto, son obxecto de atención especial. No caso dos montes veciñais de Muimenta, temos que lembrar unha grande parte da súa superficie está incluída na área … Continúe lendo Boas prácticas no monte (II). Zonas de protección e elementos singulares
Boas prácticas no monte
Con este post, na Mancomunidade de Montes Veciñais en Man Común de Muimenta comezamos unha serie de artigos sobre as boas prácticas forestais. A través deles queremos dar a coñecer en que consisten este tipo de accións, o porqué da súa importancia e aportar algúns exemplos e consellos a ter en conta á hora de … Continúe lendo Boas prácticas no monte
Asemblea Xeral Extraordinaria abril 2015
Seguramente xa teñades visto por Muimenta os carteis que informan da convocatoria da asemblea xeral extraordinaria deste domingo. Por se acaso, e como xa se vai aproximando a data, lembrámolo tamén a través de blog e da páxina de Facebook. A xuntanza é especialmente importante porque, entre outros asuntos, nela vaise expor o contido do … Continúe lendo Asemblea Xeral Extraordinaria abril 2015
A chegada da primavera que case pasa desapercibida
Pois si, que días cheos de sucesos naturais vimos de pasar: que se a eclipse do pasado día 20, as superlúas e as conseguintes supermareas (iso para os da costa, claro). Pero o máis importante para nós, se cabe, foi a chegada da primavera, a cal se produciu ese mesmo día 20, pero raiando xa … Continúe lendo A chegada da primavera que case pasa desapercibida
Esta vai de refráns
Calquera escusa é boa para mostrarvos unhas fotos da terriña, sen dúbida. Aínda así, pensamos en facelo dun xeito algo máis orixinal ao tempo que aproveitamos para facer un repaso polos refráns, ditos, expresións e demais obras do enxeño popular. Coñecelas é unha forma de descubrir cousas da nosa cultura e, coñecéndoas e valorándoas evitamos … Continúe lendo Esta vai de refráns
Eses ‘veciños’ que viven no bosque
Moitas veces vos insistimos na importancia de manter os nosos montes e os bosques autóctonos, pois son un patrimonio natural de inmenso valor sobre o que temos unha importante obriga de conservación, para que o poidan coñecer, usar, gozar e amar as vindeiras xeracións. Este legado non debería ter caducidade, e pelexar porque así sexa … Continúe lendo Eses ‘veciños’ que viven no bosque
A ras de chao
Desta vez pensamos: por qué non facer o noso paseo polo monte dun xeito diferente? E, a risco de que as nosas cervicais sufrisen as consecuencias, decidimos fixarnos un pouco máis no que acontece por alí abaixo, no chan (ou no chao, coma se di nesta zona). Non só era cuestión de asegurar, máis se … Continúe lendo A ras de chao