O IRDI, Índice de Risco Diario de Incendio Forestal

IRDI son as siglas de Índice de Risco Diario de Incendio, unha ferramenta que serve para medir o perigo de lumes forestais no territorio. Para clasificar o risco, existen ata cinco niveis: Baixo Moderado Alto Moi alto Extremo Na páxina web da Consellería de Medio Rural da Xunta podemos consultar a situación de cada día na … Continúe lendo O IRDI, Índice de Risco Diario de Incendio Forestal

Aprobación do Plan de Ordenación dos Montes Veciñais de Muimenta

Xuño é o mes da chegada do verán e, no ámbito académico, o momento de recoller as cualificacións finais. Aínda que xa non somos estudantes, na Comunidade de Montes de Muimenta vimos de recibir un aprobado: o do noso Plan de Ordenación Forestal. A andaina burocrática deste documento comezaba hai case un ano, cando, unha … Continúe lendo Aprobación do Plan de Ordenación dos Montes Veciñais de Muimenta

Xornada sobre emprego e riqueza no monte comunal

O pasado sábado asistimos á xornada “Creación de emprego e riqueza mediante o uso cooperativo do monte comunal”, a cal resultou ser moi interesante, tanto polos temas tratados como pola calidade dos ponenetes. O acto desenvolveuse na Casa do Concello de Carballeda de Avia, froito da colaboración da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e o … Continúe lendo Xornada sobre emprego e riqueza no monte comunal

As Sociedades de Fomento Forestal (SOFOR)

As Sociedades de Fomento Forestal (SOFOR) son agrupacións de propietarios de montes que teñen como obxectivo último unha xestión forestal sustentable. Pero, como o fan? De todos é coñecida a grande fragmentación da propiedade en Galicia, dando lugar a uns montes divididos en parcelas tan pequenas que, moitas veces, fan que a xestión técnica, sustentable … Continúe lendo As Sociedades de Fomento Forestal (SOFOR)

Entra o verán, chegan as festas!

Esta fin de semana dirémoslle adeus a esta calorosa primavera para que deixe paso ao verán. Concretamente ás 18.38 horas do domingo 21 de xuño saudaremos á nova estación, segundo informa o Observatorio Astronómico Nacional, que tamén nos dá a grata nova de que o estío permanecerá connosco 93 días e algunha horiña máis, ata o 23 de … Continúe lendo Entra o verán, chegan as festas!

Boas prácticas no monte (II). Zonas de protección e elementos singulares

Neste segundo texto sobre boas prácticas forestais, centrarémonos naquelas que teñen que ver coas zonas de protección e con especies de flora e fauna que estean catalogadas e, por tanto, son obxecto de atención especial. No caso dos montes veciñais de Muimenta, temos que lembrar unha grande parte da súa superficie está incluída na área … Continúe lendo Boas prácticas no monte (II). Zonas de protección e elementos singulares

Eses ‘veciños’ que viven no bosque

Moitas veces vos insistimos na importancia de manter os nosos montes e os bosques autóctonos, pois son un patrimonio natural de inmenso valor sobre o que temos unha importante obriga de conservación, para que o poidan coñecer, usar, gozar e amar as vindeiras xeracións. Este legado non debería ter caducidade, e pelexar porque así sexa … Continúe lendo Eses ‘veciños’ que viven no bosque