Xuño é o mes da chegada do verán e, no ámbito académico, o momento de recoller as cualificacións finais. Aínda que xa non somos estudantes, na Comunidade de Montes de Muimenta vimos de recibir un aprobado: o do noso Plan de Ordenación Forestal. A andaina burocrática deste documento comezaba hai case un ano, cando, unha … Continúe lendo Aprobación do Plan de Ordenación dos Montes Veciñais de Muimenta
Muimenta
Convocatoria de asemblea da Comunidade de Montes de Muimenta (05-06-2016)
O presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Muimenta (Carballeda de Avia) vén de convocar unha asemblea xeral ordinaria (domingo 5 de xuño de 2016 ás 11 horas) a fin de debater diversos asuntos de interese para a veciñanza. A orde do día será a seguinte: Lectura e aprobación, se é o … Continúe lendo Convocatoria de asemblea da Comunidade de Montes de Muimenta (05-06-2016)
Benvido, outono!
Dámoslle a nosa benvida ao outono, que chega este mesmo mércores (ás 10.21 horas segundo informa o Observatorio Astronómico Nacional) e que quedará connosco case 90 días, ata o 22 de decembro que entre a nova estación. Pode que os días vaian sendo cada vez máis pequenos, pero non cabe dúbida de que esta época … Continúe lendo Benvido, outono!
A mellor visita é a que pasa desapercibida
No caso das saídas ao monte é ben certo que a mellor visita é a que pasa desapercibida. O noso paso pola natureza sempre deixa unha pegada, pero é imprescindible que o rastro que deixemos sexa o menor posible, co fin de non estragar os recursos. As andainas, excursións e momentos de lecer na natureza … Continúe lendo A mellor visita é a que pasa desapercibida
Boas prácticas no monte (IV). Prevención de incendios forestais
Co gallo da publicación de contidos sobre boas prácticas forestais ao longo destas últimas semanas, non podiamos deixar de falar dos incendios, moitas veces causados por neglixencias, descoidos ou prácticas pouco recomendables. Os montes de Muimenta, incluídos nas Zonas de Alto Risco de Incendios (ZAR), pertencen ao Distrito IX-Ribeiro-Arenteiro, o cal posúe un Plan de … Continúe lendo Boas prácticas no monte (IV). Prevención de incendios forestais
Boas prácticas no monte (III). Repoboacións e pistas forestais
O desenvolvemento de traballos de repoboación de árbores e a execución de pistas forestais son labores frecuentes nos montes de man común, pero que sexan traballos máis ou menos habituais non quere dicir que se podan facer de calquera xeito ou que sempre se fagan ben. Para saír de dúbidas e ter claro o que se … Continúe lendo Boas prácticas no monte (III). Repoboacións e pistas forestais
Entra o verán, chegan as festas!
Esta fin de semana dirémoslle adeus a esta calorosa primavera para que deixe paso ao verán. Concretamente ás 18.38 horas do domingo 21 de xuño saudaremos á nova estación, segundo informa o Observatorio Astronómico Nacional, que tamén nos dá a grata nova de que o estío permanecerá connosco 93 días e algunha horiña máis, ata o 23 de … Continúe lendo Entra o verán, chegan as festas!
Boas prácticas no monte (II). Zonas de protección e elementos singulares
Neste segundo texto sobre boas prácticas forestais, centrarémonos naquelas que teñen que ver coas zonas de protección e con especies de flora e fauna que estean catalogadas e, por tanto, son obxecto de atención especial. No caso dos montes veciñais de Muimenta, temos que lembrar unha grande parte da súa superficie está incluída na área … Continúe lendo Boas prácticas no monte (II). Zonas de protección e elementos singulares
Boas prácticas no monte
Con este post, na Mancomunidade de Montes Veciñais en Man Común de Muimenta comezamos unha serie de artigos sobre as boas prácticas forestais. A través deles queremos dar a coñecer en que consisten este tipo de accións, o porqué da súa importancia e aportar algúns exemplos e consellos a ter en conta á hora de … Continúe lendo Boas prácticas no monte
Asemblea Xeral Extraordinaria abril 2015
Seguramente xa teñades visto por Muimenta os carteis que informan da convocatoria da asemblea xeral extraordinaria deste domingo. Por se acaso, e como xa se vai aproximando a data, lembrámolo tamén a través de blog e da páxina de Facebook. A xuntanza é especialmente importante porque, entre outros asuntos, nela vaise expor o contido do … Continúe lendo Asemblea Xeral Extraordinaria abril 2015