O coidado á natureza debe guiar as nosas actuacións no día a día, pero non está de máis lembralo e destacalo de vez en cando con días conmemorativos. Hoxe, 21 de maio, celébrase o día europeo da Rede Natura 2000 pero, que sabemos sobre ela? A Rede Natura 2000 é a maior rede de espazos … Continúe lendo Celebramos o día da Rede Natura?
natureza
A mellor visita é a que pasa desapercibida
No caso das saídas ao monte é ben certo que a mellor visita é a que pasa desapercibida. O noso paso pola natureza sempre deixa unha pegada, pero é imprescindible que o rastro que deixemos sexa o menor posible, co fin de non estragar os recursos. As andainas, excursións e momentos de lecer na natureza … Continúe lendo A mellor visita é a que pasa desapercibida
Canto sabes sobre árbores?
Cal é a árbore de folla caduca, simple, lanceolada e serrada que florece en verán, abunda no norte e noroeste da Península Ibérica, posúe unha valiosa madeira e ten un froito comestible? Se non sabes de cal se trata, con esta pista seguro que non che quedan dúbidas: as castañolas reciben ese nome pola madeira … Continúe lendo Canto sabes sobre árbores?
Esta vai de refráns
Calquera escusa é boa para mostrarvos unhas fotos da terriña, sen dúbida. Aínda así, pensamos en facelo dun xeito algo máis orixinal ao tempo que aproveitamos para facer un repaso polos refráns, ditos, expresións e demais obras do enxeño popular. Coñecelas é unha forma de descubrir cousas da nosa cultura e, coñecéndoas e valorándoas evitamos … Continúe lendo Esta vai de refráns
Outono de cogomelos
Seguro que moitos estabades esperando impacientemente a chegada do outono para apañar cogomelos no monte, que xa comeza a regalar algún que outro exemplar de boas características… Antes de coller a navalla e o cesto, temos que recordar o importante que é ser precavido á hora de recoller algúns destes exemplares, pois, do contrario, quedamos … Continúe lendo Outono de cogomelos
Incendios forestais
Por desgraza, cada verán chegan ata nós multitude de novas sobre lumes forestais que afectan a grandes superficies de bosque e que incluso se aproximan a zonas poboadas, co conseguinte risco que supón para as persoas. Segundo datos do Ministerio de Medio Ambiente, o 95% dos lumes forestais se deben á acción humana, porcentaxe que … Continúe lendo Incendios forestais
Sobre os muíños
Os muíños de auga, especialmente os de canle, son unha das mostras de arquitectura popular máis frecuentes na nosa comunidade e raro é ver algún río que non conte con algunha destas construcións nas súas marxes. Estas estruturas non só xogaron un importante papel na economía e a alimentación das familias do rural galego, senón … Continúe lendo Sobre os muíños
Muimenta e O Ribeiro
Muimenta pertence ao municipio ourensán de Carballeda de Avia. Esta pequena parroquia alberga lugares de alto valor natural e cultural, destacando entre eles fermosos montes con especies de árbores autóctonas, regatos e elementos de patrimonio etnolóxico como son os conxuntos de muíños e de canastros. Facer click para ver o mapa Coordenadas … Continúe lendo Muimenta e O Ribeiro