Convocatoria de asemblea da Comunidade de Montes de Muimenta (05-06-2016)

Asemblea Comunidade Montes Muimenta

O presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Muimenta (Carballeda de Avia) vén de convocar unha asemblea xeral ordinaria (domingo 5 de xuño de 2016 ás 11 horas) a fin de debater diversos asuntos de interese para a veciñanza. A orde do día será a seguinte:

  1. Lectura e aprobación, se é o caso, da acta da anterior asemblea.
  2. Actualización do libro de comuneiros.
  3. Presentación e aprobación das contas correspondentes ao ano 2015.
  4. Aprobación dunha entrega de 5.000 euros á Comunidade de Augas de Muimenta.
  5. Información sobre diversas xestións realizadas ante o Concello de Carballeda de Avia.
  6. Rogos e preguntas.

Así mesmo, na xuntanza se comentará o proxecto para a rexeneración dos montes privados, as Sociedades de Fomento Forestal-SOFOR. (Se queres saber en qué consisten as SOFOR, preme aquí).

A reunión terá lugar, coma de costume, na Casa da Escola.

Esperámosvos para falar sobre estes asuntos de interese para Muimenta.

No caso de non poder asistir, lembrámosvos que podedes delegar a vosa representación firmando a correspondente autorización.

Grazas de antemán a todos por facer o esforzo de participar. A comunidade é cousa de todos!

 

Deixar un comentario